Fischer Sports
Fischer Sports é unha empresa de Austria que fabrica esquís para todas as modalidades deste deporte, raquetas de tenis e equipamento de hockey. É unha das maiores empresas manufacuteraras na industria do esquí.[1] Fischer logrou un éxito rotundo nas últimas copas do mundo de esquí nórdico, esquí alpino e de saltos. A empresa foi fundada por Joseph Fischer o ano 1924.
Fischer no tenis profesional
[editar | editar a fonte]Os xogadores como Dominik Hrbatý, Marcos Baghdatis, Anna Chakvetadze, e o excampeón do Australia Open e do Roland Garros Yevgeni Káfelnikov son uns dos tenistas que levan raquetas da marca Fischer.
Asociación Rottefella/Fischer
[editar | editar a fonte]No ano 2007 a empresa austríaca asociouse coa empresa nórdica de fixacións Rottefella. A partir dese ano todas as botas Fischer levan fixacións desta marca. As botas levaban o sistema (SNS) patentado por Salomón pero desde hai un ano se utliza o sistema NNS.[2]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Fischer Story", Skiing (November 1985) p. 142
- ↑ "Pacific acquires Fischer Tennis". tennisindustrymag.com. Consultado o 31 July 2009.